Friday 03 de May de 2024

O Concello de Noia realiza traballos de roza e limpeza nos colexios de Bergondo e A Barquiña de cara ao inicio do curso


Dende a Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Noia veñen de rematar os traballos de roza e limpeza nos colexios da Barquiña e de Bergondo. Trátase dunha actuación para poñer a punto estes espazos antes do estreo do curso escolar 2020-2021.
Este ano, dadas as circunstancias especiais derivadas da pandemia da Covid-19, no Concello de Noia todos os departamentos se implicaron na volta ao colexio dos escolares da vila. A nova concelleira de Parques e Xardíns, Ana Isabel García, apunta que “ás labores habituais de mantemento e de limpeza, este ano súmanse todas as tarefas precisas para facer que a volta ao colexio sexa segura”.